Misión, Visión e Valores

Documento que recolle os principios constituíntes da cooperativa, para resolver conflitos.

Material recollido de anteriores documentos

Motivacións:

  • compartillar recursos, tanto materiais como inmateriais, co fin de ampliar e profundizar nas nosas liñas de investigación e acción social.
  • ter máis capacidade económica á hora de materializar as nosas iniciativas.
  • rendabilizar parte do noso traballo de investigación para poder continualo con garantías.
  • poder seguir facendo o que nos gusta, dentro e fóra do mercado.
  • standarizar un modelo de consumo e rendabilidade de servizos culturais que respetando a liberdade de coñecemento vexan igualmente remuneradas as súas actividades.

Cobertura de Necesidades:

  • mellorar a capacidade de negociación como creadoras e produtoras independentes coas entidades públicas e privadas.
  • garantir a permanencia e continuidade dos procesos artísticos e as liñas de investigación experimentais e contemporáneas existentes en GZ
  • visibilizar e rendibilizar os procesos creativos, rede, movemento, escena, etc. de carácter inmaterial, e non un producto concreto, inda que proveña dese contexto. Dito doutro modo, cómo poder visibilizar/rendibilizar un proceso de inovación continua, e non un producto inovador puntual.