MAPA GZI

organigrama de funcionamento da cooperativa


descarga pdf

Servizos:

Refírese ás partes do ciclo de produción dun proxecto que os usuarios (ou clientes) derivan á cooperativa. Podemos pensar que, de maneira xeral, GZi pode resolver os problemas dos seus socios para completar (e así rentabilizar) ese ciclo de produción. Tódolos servizos poderíanse prestar en tres modalidades diferentes, segundo o problema a resolver ou as necesidades do socio. Un usuario pode querer ‘aprender’ a resolver ese problema por sí mesmo (gzi ofrécelle ‘formación’), contar cun equipo que o axude ou asesore nunha ou varias partes do seu proxecto (‘asesoramento/acompañamento’), ou ben externalizar todo o proceso de produción a gzi, sempre que o proxecto en cuestión se integre nunha das liñas de investigación de gzi ou xere unha nova liña de investigación. Penso que deberíamos redactar protocolos stándar para cada modalidade, que servisen de maneira xeral para calquera tipo de proxecto. Nos protocolos tentaríamos subdividir á súa vez as modalidades en formatos e estimar os recursos humanos necesarios, os tempos, etc.

Por outra banda, os servizos pódense dividir segundo o tipo de recursos que implican (recursos humanos ou recursos materiais), co fin de avaliar mellor o custe que suporía ofrecer ese servizo e as ‘tarifas’ que se marcarían para socios ou clientes externos. Por suposto, hai que determinar qué servizos poden ser prestados a través de intercambios de coñecementos entre socios, ou pola contratación a un terceiro, etc.

Usuarios:

Divididos básicamente en socios (con poder político: usuarios, traballadores e colaboradores) e clientes (sen poder político). Está por definir isto en profundidade, aínda que o outro día xa avanzamos que evitaríamos nun primeiro momento aos socios traballodores (alto custe) e buscaríamos máis os convenios ou contratos puntuais. Concordo con Manu en que debemos pensar nos posibles devires: “cómo un cliente pode devir colaboradora, como unha colaboradora pode devir usuaria, ou unha usuaria devir traballadora”. Xa comentamos nalgún momento que esa debe ser a tendencia a buscar.

arquitectura conceptual

evitamos a palabra estrutura. Como visión global, gústame esa articulación en anverso/reverso (canle de negociación / canle de produción), pero non creo que sexa operativa para calcular costes, que é o que precisamos agora. De feito, vese a contradición en canto se intentan crear subdivisións ou afondar na descripción do que supón a negociación ou a produción.

liñas de investigación

non apuntei ningunha aínda que se mencionaron varias. Coido que iso debemos redactalo con tempo; se son suficientemente abertas, poden incluir moitas posibilidades e combinacións. Ademáis non inflúen directamente no plan de viabilidade.
 

si me parece interesante esa concepción do “asesoramento” ou “xestión” como GRADOS; de tal modo que pasamos de “formación” (ainda que este termo é ambigüo, porque se confunde con que damos formación de contidos) – “asesoramento” a….. “produción”; pero aquí non é soamente un grado máis, senón que eu vexo que é un cambio de bloque, de comisión, un “salto”, un ámbito que traballamos aparte.

PEro é que do mesmo modo, producimos algo en varios grados, quizais modalidades mellor; e despois, un paso máis que non necesariamente ten que dar o usuario, mais que se lle ofrece, é pasar a “negociar” tamén ese producto/proxecto.

 
 

Dani, non creo que os bloques que se plantexan non permitan desenvolvemento, ou “subdivisións” como dis arriba; ao contrario. Por outra banda canle de negociación/produción son permeábeis; precisamente non son estancos senón que fan referencia un ao outro e os produtos/proxectos poden pasar e incluso deberían pasar dunha canle a outra, mellorando así, continuamente o proxecto/producto neses pasos.

 
 

seguindo a pensar as formas de funcionamento e (auto)organización, algo que quedou “medio pendente” o outro día, o tema da xestión/negociación, os seus puntos en común e os puntos de diferenza. Me parece que sería convinete diferenciar entre as dúas cousas; posto que a produción e o aspecto material do proxecto, efectivamente, tamén se ten que xestionar, como apuntaba Dani o outro día. É dicir, hai que facer calendarios de uso dos espazos e dos materiais, axenda dos artistas e técnicos colaboradoras, etc. E isto implica unha xestión. Agora ben, o punto creo que está precisamente en considerar isto como mera “xestión dos espazos”, incluso mecanicamente (como por exemplo o doddle decide mecanicamente qué data é a mellor para unha reunión; para explicarme) do que é a negociación, como proceso non-mecánico, que require moita subxectividade, etc. Xestión temos que facela de moitas cousas, e incluso, deberiamos, segundo a lóxica e valores do proxecto, promover a autoxestión do material e do canle de produción (alí onde non se requiran técnicos). A negociación, si que é un servizo (igual que a formación-asesoramento, etc. como grados) que ofrece a coop; mentres que a xestión é algo ao que convidamos a facer as propias usuarias.

 
 

boas, seguindo o fío da pasada reu, adxunto esquema das 3 fases/graos do ciclo productivo/canle de produción
(beta-input/alfa-arduino/gold-output)
e os seus correspondentes servizos
formación/edición/distribución

só queda definir servizos e sometelos ao plan d custes,
estaría ben amosar e consensuar alomenos un borrador d propostas d servizos para próxima reu

chau feirantxs

 
 

ok… vexo…. sigo botando en falta unha disponibilidade material e inmediata de recursos, case a modo de usuarixs da coop; e iso debería estar inscrito e consultábel no plan ou ciclo de produción. Para min ese ciclo de produción variaría do máis inmediato (sírvase usted mismo) ao máis mediato (a través de grupos técnicos de traballo un socix/cliente desenvolve un proxecto). Mais debería existir un protocolo para o self-service de espazos e recursos para socixs. A partir de aí se implementan servizos máis mediados, con listas de técnicxs disponíbeis e apertura de liñas de negociación / finanzamento, etc.

 
 

tes razón, esquecínme do noso banco d recursos Gzi!
xa o incorporei ao mapa
gosto do de self-service!
chaoss

 
   

Gracias polo traballo de visualización! Unha vez establecidos os contidos e fluxos de produción como están xa no esquema e cando fagamos o estudio de costes dos servicios sería interesante superpoñer estes diagramas co esquema básico de cooperativa que temos para ver qué áreas se corresponden con qué funcións. Vémonos nun rato, pois. Agardo a chamada de Dani para baixar.