DAFO

OPORTUNIDADES

  • os nosos obxectivos e contexto xeral de acción están en consonancia co marco da axenda de políticas culturais europeas ata o 2020 (diversidade cultural/local, cultura no sistema educativo, ferramentas cooperativas d interlocución co mercado, arte/ciencia/educación/tecnoloxía / filosofía, flexibilidade da propiedade intelectual, proxectos de intercooperación/mediación, tecnoloxía dixital).
  • posibilidade de desenvolver e consolidar polo de agora pequenas redes de colaboracións. Rede de contactos no Alg-a Lab, Amalgama, Cova dos Ratos, Baleiro, Atreu, Universidade Invisíbel.
  • progresiva dixitalización das ferramentas de comunicación social (web 2.0 e redes sociais).
  • alza de valores como sostenibilidade, desenvolvemento sociocomunitario, permacultura, diversidade, etc. que desenvolvemos por exemplo no Alg-a Lab
  • inexistencia de centros de experimentación cultural tecnolóxico/artísticos en Galiza. Ex. Hangar, MediaLab Prado…
  • emerxencia dun campo entre o académico e o informal no que institucións e universidades botan man de axentes externos para desenvolver programas, talleres, etc.
  • experiencias existentes na introdución do p2p á tecnoloxía social (platoniq etc. ) e sistemas de finaciamento diferente e distribuido.
  • aproveitar a redución nos presupostos institucionais das partidas adicadas á cultura para ofrecer unha oferta de producións experimentais de baixo custe, non dependente das grandes cifras da cultura espectacular e máis acorde cos ritmos lentos e a cultura de baixa intensidade que practicamos de maneira habitual.

FORTALEZAS

  • existencia no grupo promotor de perfís provintes tanto da xestión como da produción.
  • pertenza das participantes do grupo promotor a diferentes grupos que levan a súa vez aparellados diferentes redes. Polo tanto gran capacidade de difusión nestas redes.
  • capacidade de enfoques transdisciplinares (tecnoloxía, arte, arquitectura, ecoloxía, antropoloxía).
  • todas as participantes contan con respectivas experiencias previas nas ofertas do proxecto.
  • unha rede de espazos onde facer actividades a nosa disposición dende Coruña – Compostela – Vigo.
  • participación activa na rede de cultura libre: coñecemos os recursos e somos interlocutores de feito da cultura 2.0.
  • proxección pedagóxica e formativa das nosas experiencias artísticas incluso en ámbitos académicos (paseo sonoro, análise simbólico/antropolóxico).
  • capacidade de xerar espazos de convivencia e relación sociocomunitaria nos diferentes nodos.

DEBILIDADES

  • dispersión territorial das compoñentes de GZi para os encontros presenciais.
  • precariedade e diversificación laboral xeralizada das compoñentes de GZi (dificultade de adicación continuada ao proxecto).
  • certa marxinalidade con respecto aos procesos de financiación públicos e burocráticos.
  • contabilidade, fiscalización e facturación da nosa produción.
  • visibilidade e impacto reducidos a nivel macro e dos mass media, opinión pública e medios de comunicación convencionais. Pouca capacidade de afección na opinión pública. Marxinación/desconexión co “aparato mediático” tradicional (tv, prensa, radio, etc).
  • dificultade para saír do ámbito territorial GZ.
  • hábito e tendencia a facer depender a cultura de recursos públicos e pouca iniciativa privada.
  • carácter improductivo das nosas actividades nun contexto de crise.

AMEAZAS

  • progresiva desvalorización da cultura como creación e substitución por unha cultura de consumo
  • desequilibrio na oferta de recursos a prol das iniciativas convencionais e xa establecidas.
  • empobrecemento xeral da poboación.
  • carácter improductivo das nosas actividades nun contexto de crise.
  • recortes e disminucións de recursos públicos destinados á creación cultural (proceso paralelo á paulatina perda de poder da administración pública en favor do mercado).
  • criterios de financiación pública ainda baseados en lóxicas expositivas de masificación e visibilidade mediática, lóxicas as veces incompatíbes cos criterios de sostibilidade cultural e social que se plantexan en GZi.
 

como comentario: nas amezas se ben é certo que na crise hai menos recursos por parte da poboación no seu conxunto para o consumo cultural, ben é certo, que non son as nosas potenciais clientas, se non empresas e institucións, polo tanto, unha ameaza pode converterse nunha oportunidade xa que aos niveis que nos imos mover nos, estamos falando de grandes cifras que se viron reducidas, e iso é que se o museo X gastaba uns (non teño nin idea) 40.000 eu nun proxecto, agora ten 20.000, pode ser escaso para os proxectos millonarios, pero repito, é favorable para nós.

 
 

sí suopoño que co tema dos recortes terán que tirar máis de cultura livre, máis fresquiña e barata…

ai van os famoasos libros verdes, os vexo como unha oportunidade, a nivel tamén de formalización GZi, en relación co primeiro punto do DAfo.

industrias culturais
ec.europa.eu/culture/our-policy-develop...

politicas culturais en administracións locais
www.redinterlocal.org/Libro-verde-sobre...

chauS

 
 

introducín un novo punto en oportunidades dacordo co que di sweena. Tamén penso que pode ser unha oportunidade para nós, que podemos ofrecer propostas de calidade a baixo custe, esa redución nos presupostos adicados a cultura.

 
   

+1