Public Wiki

Estás farto de malos fumes? Gustaríache unha cidade máis humana? Preferirías vivir nun mundo máis limpo?

ACUDE COA TÚA BICICLETA O ÚLTIMO MERCORES DE CADA MES, ÁS 20.30 NA PRAZA ROXA, PARA ESIXIRMOS UN ESPAZO PARA OS CICLISTAS E CIDADÁNS FRONTE AO IMPERIO DO COCHE E DO PETRÓLEO. POIS
¡¡¡PÍDEO!!!

¡ÚNETE Á MASA CRÍTICA! ¡QUE A NOSA CIDADE CAMBIE DEPENDE SÓ DE TI!

A Masa Crítica é unha “coincidencia organizada” de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 cidades de todo o mundo, baixo o lema “Pedaléa todolos días, celébrao unha vez ao mes”

Comezou en San Francisco (EE.UU) no ano 1992 a partires dunha xuntanza da SF Bike Coalition,Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas, por qué non quedar unha vez ao mes, facernos visibles entre nós mesmos, ó resto da cidade e voltar a casa tod@s xunt@s?. A idea aceptouse rápidamente, na primeira “quedada” xuntaronse 60 a tras un ano eran máis de 600.

¡¡OUTRA FORMA DE MOBILIDADE É POSIBLE!!

Recent Pages Create Page »